Mostrando entradas con la etiqueta A NOSA VIDA NO COLE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A NOSA VIDA NO COLE. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de junio de 2016

CARTEIS PARA COIDAR A AUGA

Para rematar de traballar o tema da Auga de Ciencias Naturais, fixemos unha tarefa en equipos.

Tras reflexionar, investigar e traballar a importancia de coidar os recursos naturais, en especial a auga, chegamos a conclusión de que tiñamos que facer algo para intentar que no noso colexio nos concienciaramos da importancia de coidala e non malgastala para axudar así ó medio ambiente.

Para iso, cada equipo pensou un xeito de concienciar aos compañeiros, con frases divertidas e enxeñosas elaboraron estes creativos e chamativos carteis que despois colocamos polo colexio, nos lugares que os equipos consideraron máis idóneos que foron: o patio de abaixo, o comedor, o baño da sala de mestres e os baños do piso de arriba do Edificio de Primaria.

Agardamos que vos gusten e que sirven para valorar e coidar o noso máis prezado líquido: A AUGA!!



TAREFA CARTEIS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

sábado, 30 de abril de 2016

COPLA MAIOS 2016

Para ensaiar a canción dos Maios deste ano, clicade no enlace e escoitade a gravación dos alumn@s de 1º e 2º de E. Primaria cantando, acompañados do piano e as pandareteiras.

COPLA MAIOS 2016



Maios do ano pasado 2015

viernes, 5 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

Grazas a profe Cristina por este estupendo vídeo resumo da celebración do Entroido na nosa escola este ano 2016.

PARA VELO PINCHADE NO SEGUINTE ENLACE:

Preparados para a ABORDAXE!!!!!!

Aqui chegan os piratas máis temibles do océano Atlántico!!!

OS PIRATAS DE MATAMA

       
                 Que piratillas taaaaaan guapos e guapas!!


Moitas grazas as familias por colaborar co colexio 
na preparación do Entroido
e compartir con nós un día tan divertido

VIVA O ENTROIDO




miércoles, 20 de enero de 2016

PREPARANDO O ENTROIDO 2016

Este ano precisamos da vosa axuda para convertir os nosos pequenos grumentes en temibles piratas!!

Pero non vos preocupedes será algo sinxelo e divertido para facer en familia:
- Coa bolsa de plástico vermella facer un chaleco con picos por abaixo
- Coa cartolina negra facer o sombreiro seguindo as indicacións do seguinte titorial, unindo as partes con grapas ou pegamento

Se algo non sae pedir axuda á titora


sábado, 19 de diciembre de 2015

NADAL 2015



O venres 18 celebramos o festival de Nadal no colexio, no que cantamos, bailamos, comemos e recibimos a visita das Súas Maxestades os Reis Magos que nos regalaron este bolis tan chulos!!


BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2016!!



Aquí vos deixo a nosa actuación coa canción "BO NADAL" (Música do Xabarín Club e letra da profe Maica) Preparamola con moito agarimo e pasamolo moi ben facendoa.

Agardamos que vos guste!!

 

Os alumnos e alumnas de Relixión tamén prepararon a súa pequena obra de teatro para celebrar o Nadal!! Aquí a podedes ver!!

viernes, 4 de diciembre de 2015

VISITADE O NOSO RENO!!

Xa está exposto no Centro Comercial Gran Via o reno elaborado por todo o alumnado do colexio. Seguindo coa temática do proxecto deste ano "Auga", decoramos un dos 15 renos que están expostos polo centro comercial ó longo do mes de decembro e principios de xaneiro. 

Unha vez pasado o Nadal, serán subastados é toda a recadación será para a Asociación Down Vigo.

Estamos moi satisfeitos coa nosa participación nesta inciativa solidaria e moi orgullosos do noso traballo en equipo e do fermoso que nos quedou. 

E ti, xa o fuches ver en directo? A que estás agardando?



miércoles, 2 de diciembre de 2015

Ensaiando... que chega o NADAL!!

Comenzamos os ensaios para preparar o festival de Nadal. Aqui vemos os ensaios coa Teacher Susana para cantar duas coñecidas panxoliñas en inglés.

Xa vedes que ben cantamos xuntos 1º e 2º de Educación Primaria!!

jueves, 29 de octubre de 2015

SAMAIN


Un ano máis o Samaín chegou o noso cole e trouxo con el a estes terroríficos personaxes!!

QUE MEEEEEEDOOOOO.....