domingo, 21 de diciembre de 2014

jueves, 11 de diciembre de 2014

Visita ós BELÉNS e CHOCOLATADA


O Nadal xa está moi preto e para irnos ambientando, os cativos de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, fixemos unha saida para ver unha exposición de beléns moi orixinais na fundación Abanca.

Despois para repoñer forzas e combater a friaxe, tomamos un saboroso chocolate con churros.

Ummm.... delicioso!! Foi unha mañá redonda!!

Bon apetit!!

domingo, 30 de noviembre de 2014

SAIDA OUTONO

O 18 de Novembro de 2015 tivemos unha saida escolar de todo o colexio moi especial. 

 Fomos ata unha aldea de Lalín para celebrar alí un magosto de xeito diferente a outros anos. 

 Na CASA DO PATRON visitamos un museo sobre a vida dos galegos tempo atrás, esfollamos millo e recollemos castañas para despois asalas e comelas. 

 Foi un día estupendo ó aire libre no que aprendemos moitas cousas novas e nos divertimos!! 

 Aquí tedes un vídeo para que vos fagades unha idea do que vimos. 

 Agardo que vos guste :)

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Elaboración DENTÍFRICO

Hoxe, tivemos un obradoiro da concellería de Normalización Língística do Concello de Vigo no que aprendemos a elaborar pasta de dentes natural.

martes, 30 de septiembre de 2014

BENVID@S !!!


Hoxe 30 de Setembro de 2014 comeza a andaina deste espazo na que quero facer partícipes as familias dos meus alumnos de 1º de primaria do CEIP JOSEFA ALONSO DE ALONSO da nosa vida na escola, este curso 2014/2015. Iremos poñendo vídeos e fotografías dalgunhas das actividades que levamos a cabo.

Agardo que vos guste e que participedes facendo suxerencias ou comentarios.

Un saudo folerpiños e folerpiñas

A profe Maica C. L.