BENVID@S FOLERPIÑOS E FOLERPIÑAS!! Comezo a miña andaina polo mundo dos blogues, estreando este espazo. Con el quero compartir cos meus alumn@s e coas súas familias alguns momentos da nosa vida na escola. Agardo que vos guste e que o vexades co mesmo agarimo co que eu o fago. A profe Maica C. L.
Mostrando entradas con la etiqueta CEIP JOSEFA ALONSO (2014-2015). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CEIP JOSEFA ALONSO (2014-2015). Mostrar todas las entradas
jueves, 18 de junio de 2015
FIN DO CAMIÑO DE SANTIAGO
E pasiño a pasiño chegamos ó final do camiño e con el o do curso. Deixovos un pequeno resumo das cousas que fixemos relacionadas co proxecto de aula integrado no de centro (Galicia).
Seguide camiñando peregrinos, sempre adiente!! Xa sabedes:
CAMIÑOS FAN AMIGOS
FOI UN AUTÉNTICO PLACER CAMIÑAR CON VÓS ESTE CURSO ESCOLAR.
SEMPRE ESTAREDES NO MEU CORAZÓN
lunes, 8 de junio de 2015
NÓS TAMÉN CREAMOS 2015
Aquí está o resultado do noso esforzo e traballo para participar no concurso "Nós tamén creamos 2015" elaborando unha curta de animación coa técnica stop-motion. Pasamolo moi ben e aprendemos un montón de cousas. Agardamos que vos guste.
Fixémolo cheos de ilusión e traballando en equipo para que saíra o mellor posible e así foi como conseguimos:
UNHA MENCIÓN ESPECIAL POLA CALIDADE TÉCNICA E A CREATIVIDADE PLÁSTICA
NORABOA O ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E AS PROFES ANA, RAQUEL VALLE, RAQUEL VALCARCE E MAICA.
domingo, 31 de mayo de 2015
jueves, 21 de mayo de 2015
TORTA DE SANTIAGO
Seguindo co proxecto de Galicia, pensamos que estaría ben saborear un doce típico de Santiago, a famosa torta de almendra. Asi que remangamonos e puxémonos mans á masa!!
Ummm.... deliciosa!!
viernes, 13 de febrero de 2015
ENTROIDO 2015
Aquí vos deixo a actuación dos "Peregrinos" de 1º de Primaria que prepararon este baile para celebrar o Entroido.
FESTA RACHADA QUE O BAILE XA COMEZOU!!
miércoles, 11 de febrero de 2015
CHULAS DE CABAZA
En plenos preparativos para celebrar o Entroido, fiemos un taller de cociña de xeito colaborativo dos compañeiros de 1º e 2º de Educación Primaria. A receita escollida foron chulas de cabaza.
Todos participamos poñendo o noso gran de area e o finalizar o proceso comémolas pois quedaron ben saborosasss!!!
Para lamber os dedos, uuummm......
Quen se anima a repetilo na casa coa axuda dalgún maior?
domingo, 21 de diciembre de 2014
NADAL
NADAL - Kizoa Movie Maker
A continuación, a actuación de 1º e 2º de Educación Primaria desexándonos a todos un BO NADAL
jueves, 11 de diciembre de 2014
Visita ós BELÉNS e CHOCOLATADA
O Nadal xa está moi preto e para irnos ambientando, os cativos de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, fixemos unha saida para ver unha exposición de beléns moi orixinais na fundación Abanca.
Despois para repoñer forzas e combater a friaxe, tomamos un saboroso chocolate con churros.
Ummm.... delicioso!! Foi unha mañá redonda!!
Bon apetit!!
domingo, 30 de noviembre de 2014
SAIDA OUTONO
O 18 de Novembro de 2015 tivemos unha saida escolar de todo o colexio moi especial.
Fomos ata unha aldea de Lalín para celebrar alí un magosto de xeito diferente a outros anos.
Na CASA DO PATRON visitamos un museo sobre a vida dos galegos tempo atrás, esfollamos millo e recollemos castañas para despois asalas e comelas.
Foi un día estupendo ó aire libre no que aprendemos moitas cousas novas e nos divertimos!!
Aquí tedes un vídeo para que vos fagades unha idea do que vimos.
Agardo que vos guste :)
Fomos ata unha aldea de Lalín para celebrar alí un magosto de xeito diferente a outros anos.
Na CASA DO PATRON visitamos un museo sobre a vida dos galegos tempo atrás, esfollamos millo e recollemos castañas para despois asalas e comelas.
Foi un día estupendo ó aire libre no que aprendemos moitas cousas novas e nos divertimos!!
Aquí tedes un vídeo para que vos fagades unha idea do que vimos.
Agardo que vos guste :)
jueves, 27 de noviembre de 2014
jueves, 6 de noviembre de 2014
miércoles, 5 de noviembre de 2014
Elaboración DENTÍFRICO
Hoxe, tivemos un obradoiro da concellería de Normalización Língística do Concello de Vigo no que aprendemos a elaborar pasta de dentes natural.
lunes, 20 de octubre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)