Xa está exposto no Centro Comercial Gran Via o reno elaborado por todo o alumnado do colexio. Seguindo coa temática do proxecto deste ano "Auga", decoramos un dos 15 renos que están expostos polo centro comercial ó longo do mes de decembro e principios de xaneiro.
Unha vez pasado o Nadal, serán subastados é toda a recadación será para a Asociación Down Vigo.
Estamos moi satisfeitos coa nosa participación nesta inciativa solidaria e moi orgullosos do noso traballo en equipo e do fermoso que nos quedou.
E ti, xa o fuches ver en directo? A que estás agardando?
Cando me quedei a durmir a casa de Carla fumos a velos todos
ResponderEliminarIcia Costas Estevez