domingo, 12 de junio de 2016

CARTEIS PARA COIDAR A AUGA

Para rematar de traballar o tema da Auga de Ciencias Naturais, fixemos unha tarefa en equipos.

Tras reflexionar, investigar e traballar a importancia de coidar os recursos naturais, en especial a auga, chegamos a conclusión de que tiñamos que facer algo para intentar que no noso colexio nos concienciaramos da importancia de coidala e non malgastala para axudar así ó medio ambiente.

Para iso, cada equipo pensou un xeito de concienciar aos compañeiros, con frases divertidas e enxeñosas elaboraron estes creativos e chamativos carteis que despois colocamos polo colexio, nos lugares que os equipos consideraron máis idóneos que foron: o patio de abaixo, o comedor, o baño da sala de mestres e os baños do piso de arriba do Edificio de Primaria.

Agardamos que vos gusten e que sirven para valorar e coidar o noso máis prezado líquido: A AUGA!!



TAREFA CARTEIS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

3 comentarios:

  1. Que tranquila e a musica

    Icia Costas Estevez

    ResponderEliminar
  2. Facer os carteis foi unha moi boa idea

    Icía Costas Estévez

    ResponderEliminar
  3. Carmen,si estás vendo este blog escríbeme por favor.
    Para escribir só tes que poñer en " comentar como " anónimo

    Icía Costas Estévez.

    ResponderEliminar