sábado, 19 de diciembre de 2015

NADAL 2015



O venres 18 celebramos o festival de Nadal no colexio, no que cantamos, bailamos, comemos e recibimos a visita das Súas Maxestades os Reis Magos que nos regalaron este bolis tan chulos!!


BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2016!!



Aquí vos deixo a nosa actuación coa canción "BO NADAL" (Música do Xabarín Club e letra da profe Maica) Preparamola con moito agarimo e pasamolo moi ben facendoa.

Agardamos que vos guste!!

 

Os alumnos e alumnas de Relixión tamén prepararon a súa pequena obra de teatro para celebrar o Nadal!! Aquí a podedes ver!!

viernes, 4 de diciembre de 2015

VISITADE O NOSO RENO!!

Xa está exposto no Centro Comercial Gran Via o reno elaborado por todo o alumnado do colexio. Seguindo coa temática do proxecto deste ano "Auga", decoramos un dos 15 renos que están expostos polo centro comercial ó longo do mes de decembro e principios de xaneiro. 

Unha vez pasado o Nadal, serán subastados é toda a recadación será para a Asociación Down Vigo.

Estamos moi satisfeitos coa nosa participación nesta inciativa solidaria e moi orgullosos do noso traballo en equipo e do fermoso que nos quedou. 

E ti, xa o fuches ver en directo? A que estás agardando?



miércoles, 2 de diciembre de 2015

Ensaiando... que chega o NADAL!!

Comenzamos os ensaios para preparar o festival de Nadal. Aqui vemos os ensaios coa Teacher Susana para cantar duas coñecidas panxoliñas en inglés.

Xa vedes que ben cantamos xuntos 1º e 2º de Educación Primaria!!