jueves, 1 de septiembre de 2016

Ata sempre folerpiñ@s!

 Chegamos ata o final da nosa andaina xuntos por 1º e 2º de Primaria no Josefa Alonso...

Espero que forades alomenos tan felices como o fun eu.

Levovos a todos no corazón: compañeiros, compañeiras, nais, pais, avós... e especialmente a vós, meus peregrinos e meus piratas, moitas grazas por facer que tódolos días chegara ó colexio cun sorriso e con ganas de traballar xuntos para aprender cousas novas, grazas por deixarme formar parte do voso desenvolvemento e grazas por encherme de ilusións e enerxía.

Sodes moi especiais e un anaquiño de min quedará sempre con vós.

Seguide sendo tan felices e curiosos e SOÑADE MOITO PORQUE OS SOÑOS FANSE REALIDADE!!

Ata sempre

A vosa profe Maica

domingo, 19 de junio de 2016

PREMIO " NÓS TAMÉN CREAMOS 2015"

Lembrades que o ano pasados gañamos o segundo premio do "Nós tamén creamos" coa nosa curta de animación?

Pois para recordalo aquí tedes un video coas fotos da nosa visita a Santiago de Compostela para recoller o noso premio. Foi un día moi especial no que nos sentimos moi orgullosos do traballo realizado.



ENTREGA PREMIOS SANTIAGO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

domingo, 12 de junio de 2016

CARTEIS PARA COIDAR A AUGA

Para rematar de traballar o tema da Auga de Ciencias Naturais, fixemos unha tarefa en equipos.

Tras reflexionar, investigar e traballar a importancia de coidar os recursos naturais, en especial a auga, chegamos a conclusión de que tiñamos que facer algo para intentar que no noso colexio nos concienciaramos da importancia de coidala e non malgastala para axudar así ó medio ambiente.

Para iso, cada equipo pensou un xeito de concienciar aos compañeiros, con frases divertidas e enxeñosas elaboraron estes creativos e chamativos carteis que despois colocamos polo colexio, nos lugares que os equipos consideraron máis idóneos que foron: o patio de abaixo, o comedor, o baño da sala de mestres e os baños do piso de arriba do Edificio de Primaria.

Agardamos que vos gusten e que sirven para valorar e coidar o noso máis prezado líquido: A AUGA!!



TAREFA CARTEIS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

sábado, 30 de abril de 2016

COPLA MAIOS 2016

Para ensaiar a canción dos Maios deste ano, clicade no enlace e escoitade a gravación dos alumn@s de 1º e 2º de E. Primaria cantando, acompañados do piano e as pandareteiras.

COPLA MAIOS 2016



Maios do ano pasado 2015

jueves, 28 de abril de 2016

BOTAMOS UNHA CARREIRA?

Preparate para superar o reto. Resolve as operacións para chegar á meta de primeiro!!

Atreveste?

Pincha no seguinte enlace:

CALCULO MENTAL (suma, resta y multiplica)

miércoles, 27 de abril de 2016

ARTES DE PESCA

Falando sobre os barcos pesqueiros comenzamos a investigar sobre as diferentes artes de pesca, que calsificamos en tres grandes tipos:
- As que usan redes
- As que usan trampas
- As que usan anzois

Cada equipo tivo que investigar as seguintes artes de pesca e clasificalas segundo o tipo ó que pertenceran. Para axudarvos a entender cada unha delas, aquí vos deixo uns vídeos:

NASAS

CERCO

PALANGRE

ARRASTRE

lunes, 18 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Este ano fai 400 anos que morreu o escritor en lingua castelá máis importante:
MIGUEL DE CERVANTES SAAVEDRA
E para conmemoralo aquí tedes algúns enlaces para coñecer máis cousas sobre él e as súas obras literarias. A divertirse aprendendo moitas cousas novas.

XOGO DO QUIJOTE

http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1237

DON QUIJOTE DE LA MANCHA


MIGUEL DE CERVANTES

Para coñecer máis sobre a vida de Miguel de Cervantes Saavedra...





UN CHISQUIÑO MÁIS DE CERVANTES E DON QUIJOTE....