Chegamos ata o final da nosa andaina xuntos por 1º e 2º de Primaria no Josefa Alonso...
Espero que forades alomenos tan felices como o fun eu.
Levovos a todos no corazón: compañeiros, compañeiras, nais, pais, avós... e especialmente a vós, meus peregrinos e meus piratas, moitas grazas por facer que tódolos días chegara ó colexio cun sorriso e con ganas de traballar xuntos para aprender cousas novas, grazas por deixarme formar parte do voso desenvolvemento e grazas por encherme de ilusións e enerxía.
Sodes moi especiais e un anaquiño de min quedará sempre con vós.
Seguide sendo tan felices e curiosos e SOÑADE MOITO PORQUE OS SOÑOS FANSE REALIDADE!!
Ata sempre
A vosa profe Maica