Lembrades que o ano pasados gañamos o segundo premio do "Nós tamén creamos" coa nosa curta de animación?
Pois para recordalo aquí tedes un video coas fotos da nosa visita a Santiago de Compostela para recoller o noso premio. Foi un día moi especial no que nos sentimos moi orgullosos do traballo realizado.
ENTREGA PREMIOS SANTIAGO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
BENVID@S FOLERPIÑOS E FOLERPIÑAS!! Comezo a miña andaina polo mundo dos blogues, estreando este espazo. Con el quero compartir cos meus alumn@s e coas súas familias alguns momentos da nosa vida na escola. Agardo que vos guste e que o vexades co mesmo agarimo co que eu o fago. A profe Maica C. L.
domingo, 19 de junio de 2016
domingo, 12 de junio de 2016
CARTEIS PARA COIDAR A AUGA
Para rematar de traballar o tema da Auga de Ciencias Naturais, fixemos unha tarefa en equipos.
Tras reflexionar, investigar e traballar a importancia de coidar os recursos naturais, en especial a auga, chegamos a conclusión de que tiñamos que facer algo para intentar que no noso colexio nos concienciaramos da importancia de coidala e non malgastala para axudar así ó medio ambiente.
Para iso, cada equipo pensou un xeito de concienciar aos compañeiros, con frases divertidas e enxeñosas elaboraron estes creativos e chamativos carteis que despois colocamos polo colexio, nos lugares que os equipos consideraron máis idóneos que foron: o patio de abaixo, o comedor, o baño da sala de mestres e os baños do piso de arriba do Edificio de Primaria.
Agardamos que vos gusten e que sirven para valorar e coidar o noso máis prezado líquido: A AUGA!!
TAREFA CARTEIS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Suscribirse a:
Entradas (Atom)