sábado, 19 de diciembre de 2015

NADAL 2015



O venres 18 celebramos o festival de Nadal no colexio, no que cantamos, bailamos, comemos e recibimos a visita das Súas Maxestades os Reis Magos que nos regalaron este bolis tan chulos!!


BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2016!!



Aquí vos deixo a nosa actuación coa canción "BO NADAL" (Música do Xabarín Club e letra da profe Maica) Preparamola con moito agarimo e pasamolo moi ben facendoa.

Agardamos que vos guste!!

 

Os alumnos e alumnas de Relixión tamén prepararon a súa pequena obra de teatro para celebrar o Nadal!! Aquí a podedes ver!!

viernes, 4 de diciembre de 2015

VISITADE O NOSO RENO!!

Xa está exposto no Centro Comercial Gran Via o reno elaborado por todo o alumnado do colexio. Seguindo coa temática do proxecto deste ano "Auga", decoramos un dos 15 renos que están expostos polo centro comercial ó longo do mes de decembro e principios de xaneiro. 

Unha vez pasado o Nadal, serán subastados é toda a recadación será para a Asociación Down Vigo.

Estamos moi satisfeitos coa nosa participación nesta inciativa solidaria e moi orgullosos do noso traballo en equipo e do fermoso que nos quedou. 

E ti, xa o fuches ver en directo? A que estás agardando?



miércoles, 2 de diciembre de 2015

Ensaiando... que chega o NADAL!!

Comenzamos os ensaios para preparar o festival de Nadal. Aqui vemos os ensaios coa Teacher Susana para cantar duas coñecidas panxoliñas en inglés.

Xa vedes que ben cantamos xuntos 1º e 2º de Educación Primaria!!

martes, 24 de noviembre de 2015

Visita MUSEO DO MAR 2015

O pasado 24 de Novembro visitamos o Museo do Mar onde nos ensinaron moitas cousas sobre o mar e as quenllas. Aprendemos moito con "Jasón, o tiburón" e trala parte teórica visitamos o acuario para ver peixes de verdade e aprender moitas cousas novas sobre eles.

sábado, 14 de noviembre de 2015

Magosto 2015

Un ano máis celebramos todos xuntos O magosto.

Esta vez fomos ao Monte dos Pozos.  Alí estivemos xogando todos xuntos e despois comemos as merendas e as castañas asadas polas mestras.

Foi un fermoso día de convivencia e desfrute da natureza, e tivemos conta de que todo quedara igual de recollido como cando chegamos.

Aqui vos deixo algunhas fotos para que vos fagades unha idea de como foi o día.

jueves, 29 de octubre de 2015

SAMAIN


Un ano máis o Samaín chegou o noso cole e trouxo con el a estes terroríficos personaxes!!

QUE MEEEEEEDOOOOO.....

jueves, 18 de junio de 2015

FIN DO CAMIÑO DE SANTIAGO



E pasiño a pasiño chegamos ó final do camiño e con el o do curso. Deixovos un pequeno resumo das cousas que fixemos relacionadas co proxecto de aula integrado no de centro (Galicia).

Seguide camiñando peregrinos, sempre adiente!! Xa sabedes:

CAMIÑOS FAN AMIGOS

FOI UN AUTÉNTICO PLACER CAMIÑAR CON VÓS ESTE CURSO ESCOLAR.

SEMPRE ESTAREDES NO MEU CORAZÓN

lunes, 8 de junio de 2015

NÓS TAMÉN CREAMOS 2015




Aquí está o resultado do noso esforzo e traballo para participar no concurso "Nós tamén creamos 2015" elaborando unha curta de animación coa técnica stop-motion. Pasamolo moi ben e aprendemos un montón de cousas. Agardamos que vos guste.

Fixémolo cheos de ilusión e traballando en equipo para que saíra o mellor posible e así foi como conseguimos:
UNHA MENCIÓN ESPECIAL POLA CALIDADE TÉCNICA E A CREATIVIDADE PLÁSTICA

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/etiqueta/nos-tamen-creamos

NORABOA O ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E AS PROFES ANA, RAQUEL VALLE, RAQUEL VALCARCE E MAICA.

jueves, 21 de mayo de 2015

TORTA DE SANTIAGO

Seguindo co proxecto de Galicia, pensamos que estaría ben saborear un doce típico de Santiago, a famosa torta de almendra. Asi que remangamonos e puxémonos mans á masa!! Ummm.... deliciosa!!
MATEMATICAS SIMPATICAS


Recurso divertido para repasar as matemáticas. A DIVERTIRSE!!


martes, 10 de marzo de 2015

domingo, 8 de marzo de 2015

8 de Marzo, día Internacional da MULLER



Para conmemorar este día falamos en clase sobre a importancia de ser todos iguais respetando os nosos dereitos e gustos. Esta canción tan chula fala diso. FELIZ DÍA A TODALAS MULLERES!!


https://youtu.be/0y9zJ5J2bWA

viernes, 13 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015



Aquí vos deixo a actuación dos "Peregrinos" de 1º de Primaria que prepararon este baile para celebrar o Entroido.

FESTA RACHADA QUE O BAILE XA COMEZOU!!

miércoles, 11 de febrero de 2015

CHULAS DE CABAZA




En plenos preparativos para celebrar o Entroido, fiemos un taller de cociña de xeito colaborativo dos compañeiros de 1º e 2º de Educación Primaria. A receita escollida foron chulas de cabaza.

Todos participamos poñendo o noso gran de area e o finalizar o proceso comémolas pois quedaron ben saborosasss!!!

Para lamber os dedos, uuummm......

Quen se anima a repetilo na casa coa axuda dalgún maior?